Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior finalizar a mellora da iluminación en seis barrios coa substitución de 105 farois

luz

O cambio das vellas luminarias por outras LED permitirá reducir nun 70% o consumo elétrico e un aforro de máis de 10.000 euros ao ano para as arcas municipais ademais de supor unha mellora ambiental ao reducir considerablemente a contaminación lumínica nos barrios do rural e evitar a xeración de case 35 toneladas de CO2 ao ano.

Con esta renovación o Concello de Soutomaior substituíu 105 vellas luminarias de vapor de Sodio de 100 wattios por outras de tecnoloxía LED de 30 wattios. As novas luminarias situáronse en puntos de especial afluencia na Devesa, Cortiñas, Mesachan, FonteXesteira, Cortevella e Toural.

O cambio permitirá unha redución anual estimada de ao redor de 60 MWh e un aforro superior aos 10.000 euros anuais. Isto supón que o investimento realizado estará amortizado en menos de 10 anos, un prazo moi inferior ao tempo de vida estimado para as luminarias con esta tecnoloxía.

A nova iluminación LED, ademais de adaptarse ás novas normativas europeas de eficiencia enerxética, aumenta considerablemente a sensación de luminosidade, que se multiplica por tres en relación coas luminarias alóxenas anteriores, mellorando así a iluminación en toda a calzada durante o horario nocturno.

Ademais de ser máis eficientes, as novas luminarias LED tamén descenden notablemente a contaminación lumínica, principalmente nas vivendas próximas aos farois, xa que unha das vantaxes da tecnoloxía LED é que concentra o foco de luz sobre unha zona moi definida, algo que non lograban as antigas, permitindo que, ademais do aforro enerxético, os beneficios desta actuación tamén supoñan unha mellora para a seguridade viaria de peóns e condutores garantindo unhas óptimas condicións de visibilidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará