Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas comprométese a crear o GES de Redondela se recupera a alcaldía

ges mos

O candidato do Partido Popular á alcaldía, Javier Bas, comprométese a por en marcha o Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Redondela no seu primeiro ano de mandato se é elixido alcalde nas próximas eleccións de maio. Bas reuniuse coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para analizar o funcionamento deste servizo.

Nunha reunión técnica, á que tamén asistiron o portavoz do PP en Redondela, Iván Crespo e a concelleira María José Barciela, Javier Bas recibiu información sobre a operatividade do GES, profesionais adscritos a este servizo, formación, material e equipos, procedementos de actuación e protocolos de coordinación con outras unidades de emerxencias locais e comarcais.

Un servizo que segundo explicaron interveu en 144 situacións de emerxencia en Redondela desde xaneiro de 2022. Entre elas destacan 24 accidentes de tráfico; 16 incendios urbanos -o último o dun coche na rúa Ribeira a finais do mes pasado-; 19 avisos por niños de velutinas; 17 por animais soltos; 9 por verteduras, ademais de 69 máis por diferentes causas: salvamentos e rescates, procura de persoas desaparecidas, incendios de vehículos, incendios forestais ou limpeza de estradas, entre outras.

O ex alcalde lamenta que funcione unicamente no concello mosense e non en Redondela, “considerando a necesidade que temos del, como testemuñan os datos das intervencións deste grupo no noso concello”. Neste sentido, lembra que o Grupo municipal popular instou até en nove ocasiones ao Goberno de Redondela -entre novembro de 2020 e finais de 2022- todas elas en Plenos da Corporación, da necesidade de implantar o GES, dotalo de persoal, asegurar a coordinación cos profesionais dos Servizos de Emerxencias e Incendios (SEIS) garantindo os seus dereitos laborais, fixar unha localización, establecer as necesidades de material e equipos, elaborar un regulamento de funcionamento, dotar a este grupo de medios operativos e establecer as bases para actuar conxuntamente coa base do GES de Mos.

Bas conclúe que malia a oposición sistemática de BNG e AER “é posible conseguir que Redondela conte co GES en 2024”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará