Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutoxuste celebra o Entroido máis madrugador

soutoxuste

A veciñanza colabora actividade na realización de diferentes eventos culturais

A comisión de festas do Carme e a Asociación de veciños Eixo de Soutoxuste continúna traballando en diferentes iniciativas que xa deron os seus froitos con anterioridade, como as recentes festas de fin de ano e a decoración do barrio na época de Nadal. Nesta ocasión súmanse as celebracións do Entroido cunha festa que se prolongará durante toda a tarde do sábado 11.

Unha data elixida para non coincidir con outros eventos programados tanto en Redondela como en Chapela e que levou aos organizadores a pensar no próximo sábado como a xornada máis acaída para convidar aos veciños do barrio pero tamén a todos os que queiran achegarse a gozar do Entroido.

Un programa que arrancará ás 18:00 horas na praza do Meixoeiro e no que non faltará a degustación de orellas, filloas e produtos típicos da época a prezos populares, sorteos e un concurso de disfraces de nenos e adultos con premios ao primeiro e segundo clasificado de cada categoría.

Tamén haberá queima do meco, unha figura que representará os problemas que durante os últimos meses veñen denunciando as traballadoras e persoas usuarias do servizo do SAF de Redondela. Un “meco reivindicativo” como explicaba a presidenta da asociación, Rosario Alonso.

A xornada rematará con festas amenizada polo trío Armonía e o DJ Soutoparty.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará