Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mariscadoras demandan un paro biolóxico para recuperar a ameixa

marisqueo

Nos bancos marisqueiros da enseada de San Simón chove sobre mollado. As intensas precipitacións rexistradas a comezos de ano tiveron graves consecuencias na ameixa polo aumento da auga doce. A mortandade desta especie, que está en incremento desde 2020, multiplicouse. A situación fai inviable o traballao das mariscadoras a pé, que piden á Xunta un paro biolóxico para dar tempo aos bivalvos a recuperarse. A presidenta das mariscadoras de Redondela, Ana Belén Sotelino, explica que os bancos nos que habitualmente traballan “gran parte do recurso está morto ou en mal estado”. O problema afecta tamén ás mariscadoras de Arcade e Vilaboa, polo que unha representación das tres agrupacións reuniuse onte en Soutomaior co presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra, José Manuel Rosas. Alí expouxeron o problema que sofren as mariscadoras e iniciaron as conversas para solicitar o paro.

Ana Belén Sotelino é a presidenta das mariscadoras de Redondela

Son máis de 140 mariscadoras en total as que están en activo nas confrarías de Redondela, Arcade e Vilaboa e que demandan axudas para poder parar a actividade e recuperar este recurso ao tempo que cogran axudas da Xunta de Galicia. Advirte Sotelino que a escaseza de ameixa fai complicado o seu traballo e obriga a extraer ameixa “no límite da talla mínima”, o que supón un prexuízo para a futura cría e a viabilidade deste marisqueo tradicional.

As mariscadoras piden un paro biolóxico con axudas da Xunta

O paro biolóxico, que desde a Confraría de Redondela afirman non ter solicitado nunca, é unha forma de deixar descansar os bancos marisqueiros e de que as traballadoras poidan acceder a axudas. A maiores, as agrupacións e a propia federación estiman que é necesario un plan de recuperación e estudos sobre o substrato. Sotelino advirte que este paro debería durar cando menos uns tres meses “mentres a ameixa está en época de desove, para deixar que críe e se recuperen os bancos”. O seguinte paso agora e levar a solicitude á Consellería do Mar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará