Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos remata os trámites para a reforma da estrada Amoedo-Os Valos

EP-2701-Os Valos

O goberno local puxo a disposición da Deputación de Pontevedra os terreos necesarios para a ampliación do primeiro tramo da estrada, dende o cruce dos Valos ata o cruce da igrexa de Nespereira. Son 1.200 metros da EP-2702 e afectan a 47 parcelas.
O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, anunciou durante a sesión de control do pleno municipal celebrada onte que o Concello xa realizou o convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra ao finalizar todos os trámites necesarios para afrontar a reforma da estrada provincial Amoedo-Os Valos. Así, segundo o rexedor, durante as últimas semanas finalizáronse os detalles necesarios co persoal técnico do Concello para “concretar as actuacións individuais en cada unha das parcelas afectadas pola ampliación da vía”, explicou Iglesias. Do mesmo xeito, indicou que o actual proxecto realizado para o primeiro tramo “ten un orzamento inicial de case 1 millón de euros e afectará a un total de 47 parcelas situadas a ambos lados do vial de 1.200 metros que se vai ampliar dende o cruce dos Valos ata o Cruce da Igrexa de Nespereira”, apuntou o rexedor. Iglesias agradeceu a todos os propietarios afectados que cederon voluntariamente os seus terreos “a súa colaboración desinteresada para mellorar a seguridade de todos os veciños”.

A Deputación de Pontevedra celebra o cambio de postura do Concello

O organismo provincial celebra que tras máis de catro anos agardando a que o Concello de Pazos puxera á súa disposición os terreos para as obras da EP-2702 Amoedo-Os Valos, o trámite estea agora resolto. O Goberno provincial expresou a súa satisfacción ante o cambio de postura do alcalde xa que a Deputación, ante a dilación do Concello, formulou a posibilidade da expropiación, algo que Iglesias rexeitou. Finalmente logo do pleno celebrado esta semana en Pazos enviouse á Deputación a resolución da alcaldía para a cesión de parcelas e a solicitude de expropiación de parte dos terreos afectados.

A Deputación comprometeuse a axilizar o máximo os prazos das obras “xa que se trata dunha obra prioritaria”. Os traballos inclúen a ampliación da plataforma para a dotación de beiravías, a corrección das curvas con menor visibilidade e todas aquelas encamiñadas a cumprir as directrices da Deputación en toda a rede provincial de estradas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará