Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Soutomaior vai rumbo ao ascenso “partido a partido”

Jaime2

Jaime Calvar, adestrador do CD Soutomaior

A vitoria no campo do Marcón permitiulles arrebatar o liderado da liga aos anfitrións e seguir soñando co ascenso directo. Iniciada a segunda volta hai xa un par de xornadas cun total de 19 partidos disputados o Soutonaior é líder con 44 puntos e só 3 derrotas, suman 14 vitorias e 2 empates. Entre os excelentes números do conxunto que adestra Jaime Calvar destaca unha marca: levan 12 xornadas sen perder, hai 3 meses que non coñecen a derrota. O técnico amósase moi satisfeito dos resultados e recoñece que o obxectivo do ascenso directo “está aí” malia que advirte que hai que ter os pés na terra e traballar “partido a partido sen volverse tolos”.

Jaime Calvar, adestrador do CD Soutomaior

O cambio no sistema de xogo do equipo motivou en gran parte este éxito de resultados. Nesta temporada Calvar explica que apostaron máis pola defensa. Non foi doado ao comezo para un equipo acostumado ao xogo ofensivo, pero unha vez adaptados os xogadores a situación mudou para mellor. Son o equipo que menos goles encaixou nesta liga, tan só 17 en 19 partidos disputados.

O Soutomaior é o equipo menos goleado da liga logo de cambiar o seu sistema de xogo

A afección do CD Soutomaior está a responder tamén moi ben esta temporada, e Calvar agradece o apoio dos seus seguidores. A imaxe do campo nos partidos da casa “é excelente” e mesmo hai sempre grupos de seareiros que se desprazan co equipo. “O ambiente é moi bo”, sinala o técnico, que tamén é o cordinador das categorías base. Están tamén “moi contentos coa canteira” e coa implicación das familias co club “cun apoio total”.

Calvar, cordinador das categorías base, amósase moi contento coa canteira

De seguro que contarán con ese apoio masivo o próximo domingo, cando reciban na casa ao Deiro. Malia que o rival é un dos equipos situado na parta baixa da táboa Calvar non se fía, e esta semana está a lembralles aos seus xogadores que “calquera pode gañarche un partido”. Advirte que no caso do Deiro teñen “bos xogadores e poden facer dano”.

O técnico advirte que terán que estara moi centrados para sacar o partido ante o Deiro

A cita será ás o domingo ás 17.00 horas no García Padín.

O equipo celebra no vestiario os bos resultados
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará