Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Centos de persoas apoian ás traballadoras do SAF de Redondela

manifoto

As traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar sairon hoxe a rúa arroupadas pola veciñanza nunha manifestación que partía ás sete da tarde dende o centro de saúde e que remataba unha hora despois diante do Concello. Unha mobilización coa que quixeron visibilizar os “reiterados incumprimentos da empresa concesionaria Os Ventos” que, segundo denuncian, “non respecta nin os dereitos das traballadoras nin a dignidade dos nosos maiores”.

Ao redor de catrocentas persoas percorreron o centro de Redondela ao berro de “Temos a solución, Os Ventos expulsión” ou “Os ventos culpable, concello responsable” nunha protesta coa que as traballadoras do SAF denunciaron unha vez máis as irregularidades que comete a empresa concesionaria deste servizo en Redondela.

Unha protesta que contou coa presenza de todos os grupos políticos –PSOE, PP, AER e BNG- e na que as manifestantes criticaron que se deixe este servizo en máns de “empresas low cost”. Neste sentido insistiron en que os Concellos “no lugar de procurar empresas que dean unha mellor calidade recorren a empresas como Os Ventos que so teñen como obxectivo abaratar custes na procura dun maior rendemento económico sen importarlles a calidade do servizo prestado nin a seguridade tanto para as persoas traballadoras como as usuarias”. Como exemplo disto lembran que día tras día entran por rexistro queixas e denuncias neste sentido por parte das familias usuarias.

Lembraron ademais que é responsabilidade do Concello garantir un servizo axeitado e que cumpra os obxectivos para os que foi creado, é dicir, mellorar a calidade de vida dos seus usuarios “porque a xestión deste servizo malia ser autonómica foi trasferida as administracións locais”.

Con todo, criticaron tamén ´s Xunta porque “debe ser a encargada de supervisar e avaliar a prestación destes servizos así como a capacidade sancionadora no caso de que estes non se estean a dar correctamente”.

As traballadoras non descartan seguir coas mobilizacións de cara o futuro se non observan cambios na actual concesionaria e valoran moi positivamente o apoio recibidos por parte de veciñso e veciñas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará