Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Policía local e emerxencias alertan de numerosas incidencias por mor do temporal

poste arealonga

As fortes chuvias e sobre todo, os fortes refachos de vento que nos acompañaron nas últimas horas deixan un regueiro de incidencias en toda a comarca. Árbores e postes caídos así como colectores movidos polo vento son os avisos máis repetidos nas últimas horas tanto na oficina da Policía Local como na central de emerxencias do SEIS.

Un poste do alumeado público no paseo da Praia de Arealonga amencía na mañá de hoxe a piques de se precipitar ao chan.  Tamén na parroquia de Chapela o cartel dunha valla de publicidade desprendeuse e precipitouse ao chan e en numerosos puntos do concellos foi necesarios trasladar aos seu sitio os colectores que foran desprazados polo vento e que nalgúns casos supoñían un perigo para peóns e condutores. Do mesmo xeito unha árbores caeu na estrada que atravesa San Vicente de Trasmañó e un poste cortou o paso no camiño Cerqueiro no barrio do Coto en Cesantes. Unha desapracibles situación meteorolóxica que provocou tamén que as vivendas na Subida a Buraca quedaran sen alumeado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará