Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria para a Sar Rodavigo no primeiro partido de liga do ano

sar redondela

SAR Rodavigo 44 – 27 Siero Deportivo BM

Arranca a Sar Rodavigo con vitoria no seu primeiro encontro de liga do ano na DH Prata Feminina. As de Redondela impuxéronse con rotundidade ao Siero Deportivo nun partido disputado na bomboneira con vitoria para as locais por 44-27.

Un triunfo que xa se intuía ao termo da primeira parte cando se chegaba ao descanso cunha diferenza de nove tantos (24-15). Na reanudación as mozas da SAR impuxeron un xogo rápido aumentando aínda máis a renda sen dar opcións ás visitantes.

Na vindeira semana visitan terras asturianas para enfrontarse ao Balonmán Gijón, cuartas da categoría.

Primeira Nacional masculina

O encontro entre Sar e a Cañiza previsto apra este domingo finalmente non se disputou pro cuestións organizativas. O partido foi adiado para o mércores 15 de febreiro a petición do club redondelán ao estaren dous xogadores da Sar convocados pola selección.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará