Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP asegura que Rivas votou a favor de que a empresa Terminales Atlánticas ocupara o peirao de pedra en Rande

muelles granito

Os  populares explican que a acta de reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, celebrado en xullo do 2021, recolle que a alcaldesa Digna Rivas votou de forma afirmativa nos puntos nos que se autoriza á empresa Terminales Atlánticas de Vigo (TAV) o uso da que fora a terminal de granito de Rande.

O PP entende, a vista desta documentación, que Rivas está a mentir cando afirma que a Autoridade Portuaria oculta información e ningunea a Redondela por non informar ao concello de que estaba usando o peirao da pedra e ocultando as actividades de almacenamento no antigo cargadeiro de granito cedidas a empresas privadas.

A alcaldesa fixo estas declaración días atrás no marco dunha reclamación na que instaba á Autoridade Portuaria a paralizar as actividades industriais na explanada de Rande.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará