Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela denuncia o uso irregular da Enseada de San Simón por parte da Autoridade Portuaria

concello reunión

O Concello de Redondela vén de reunirse coa Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, a Asociación de Veciños de Chapela e representantes da Confraría de Pescadores de San Xoan de Redondela e Virxe do Carme de Arcade. Unha xuntanza celebrada o luns na que acordaron demandar a “paralización inmediata da actividade de estacionamento de coches no Peirao da Pedra, así como a súa retirada sen riscos para a circulación e os peóns”.

Denuncian que a Autoridade Portuaria está a poñer en marcha actividades que na práctica supoñen converter a Enseada de San Simón nunha dársena máis de porto de Vigo para o almacenaxe e reparación de  contedores, reparación e limpeza de grandes buques de transporte de automóbiles, depósito de aparcadoiros, refuxio para buques en situación de risco de verteduras ou o establecemento nese lugar, e sen concesión, da estivadora Terminales Atlánticas Vigo.

Ante este comportamento de “feitos consumados”, o goberno local súmase ás demandas do resto de colectivos e considera “necesario evitar a ocupación innecesaria de solo así como os efectos negativos sobre a Rede Natura 2000 e concretamente a enseada de San Simón”. Reclaman tamén que se favoreza a actividade vinculada aos recursos produtivos de pesca tradicional, marisqueo o cría de moluscos e os valores e potencialidades ambientais “como garantía para manter a compatibilidade coa biodiversidade e os hábitats de interese europeo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará