Hoxe é Domingo 12 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PazosFS arranca o ano do seu trinta aniversario cunha vitoria ante o Narón

pazosfs

Primeiro acto do XXX aniversario do club vivido no Pavillón Municipal da Sociedade deportiva Pazos que arrancou cunha homenaxe ao fundadores e primeiros xogadores que defenderon este escudo hai xa tres décadas. A continuación disputouse o partido no que os de Fran Amoedo se enfrontaban co equipo Cidade de Narón, logrando unha contundente vitoria por 5-1 con goles de Mariete (2), Luis (2) e Maetín.

Pazos FS 5-1 Cidade de Narón

Remata así este equipo a primeira volta segundos clasificados con 34 puntos froito de 11 victorias , 1 empate e 3 derrotas, ademais con 85 goles a favor e 55 en contra somos o equipo máis goleador da categoría.

Para a semana volven xogar na casa, onde recibirán ao Noia Portus Apostoli “B”.

Korreo Guitiriz 7-1 Redondela Maramar

Peor lle van as cousas aos xogadores do Redondela FS, o equipo caía na súa visita ao campo do Korreo Guitiriz por 7-1. A próxima cita será tamén fora da casa, no campo do Concello de Begonte, equipo tamén moi necesitado de punto e tan só un posto por riba dos redondeláns.

Bueu 6-2 Campito Chapela

Un inicio de ano que tampouco deixa un bo resultado para o Campito. Equipo da preferente sur que caía esta fin de semana ante o Bueu por 6-2. Na vindeira asemana reciben en Chapela ao Balona Lilense, pechacancelas do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará