Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un ladrón reincidente tras roubar nun local da Avenida Mendiño

avenida mendiño

O mesmo individuo, un varón de 53 anos residente en Redondela, roubara dez días antes en varios locais na Praza de Santiago.

Axentes da Policía local procederon na madrugada do mércores a deter un home de 53 anos de idade logo de ser sorprendido saíndo dun establecemento da Avenida Mendiño. Os feitos producíronse pasadas as medianoite cando, tras saltar a alarma do negocio, unha patrulla desprazouse ao lugar e localizou ao sospeitoso saíndo do interior do local, ao que accedera rompendo un cristal do escaparate.

Cando se decatou da presenza dos axentes emprendeu unha fuxida a pé, sendo interceptado cando percorrera á carreira tan só uns cen metros. O detido foi asistido nun hospital, por presentar síntomas dun posible ataque de ansiedade, e posteriormente foi trasladado a dependencias policiais para ser posto a disposición xudicial.

Dáse a circunstancia de que o mesmo home fora detido tan só dez días antes acusado de varios roubos con forza no casco urbano, concretamente, en varios negocios da Praza de Santiago e posto en liberdade tras pasar polos xulgados. Conta ademais con varios antecedentes por delitos semellantes nos últimos tempos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará