Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas anuncia medidas legais contra o PP “por facer público un informe confidencial co obxecto de boicotear o Nadal”

luces10 decembro

Digna Rivas no acendido das luces de Nadal o pasado 10 de decembro

A alcaldesa asegura que foron “totalmente falsas” as informacións feitas públicas polo Partido Popular cando o día antes do acendido do alumeado de Nadal afirmou que este acto corría o risco de non se celebrar por mandato do Tribunal de Contratación. Rivas anuncia que os “servizos xurídicos do concello estudan a adopción de medidas ante a decisión do PP de publicar unha información que é confidencial e que era tan só un extracto dun informe moito máis amplo”.

 “As luces do Nadal e o seu acendido en Redondela nunca perigaron” así o mantivo sempre o secretario municipal, explica Rivas, e así o confirma o Tribunal de Contratación de Galicia “que da a razón ao concello e desestima o recurso presentado por unha empresa que fora excluída automaticamente do proceso de contratación porque tiña débedas coa administración, concretamente coa Seguridade Social”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Unha situación, explicou a alcaldesa, da que eran coñecedores os populares “xa que estaban presentes na mesa de contratación” e polo tanto sabían que tan só unha empresa superara o proceso, empresa que decidiu proceder a instalación das luces antes de asinar o contrato para evitar que quedaran sen instalar”.

Rivas daba a coñecer na xornada de hoxe a resolución do Tribunal de Contratación e cualificaba de “imperdoable que o PP fixera crer a cidadanía que non ía haber luces de Nadal “algo que só buscaba o desprestixio desta alcaldesa cando non había argumentación legal para tal afirmación”.

Anunciaba ademais que “todas as barbaridades que está dicindo o PP terán as súas consecuencias legais” e adiantaba que dende o goberno adoptaranse as medidas necesarias para que “o uso ilexítimo desta documentación por parte do PP “teña as consecuencias que correspondan ante unha acción ilegal por parte do PP ao facer pública unha información confidencial e que non é de acceso público”.

Finalmente insistíu en que non se cometeu “ningunha ilegalidade nin ningunha irregularidade” e censurou que o PP estea “usando constantemente a mentira buscando o seu rédito político”.

A alcaldesa durante a comparecencia na Casa do Concello
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará