Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recupera a pista de xeo no parque de Nadal que se instalará na Xunqueira

pista de nadal

Unha carpa cubre xa a Pista da Xunqueira na que se instalará un parque de xogos que fará as delicias dos máis cativos neste Nadal. Pista de xeo, tobogáns deslizantes e zona de cars son as actividades das que poderá gozar a rapazada a partir do vindeiro sábado 17 e ata o 8 de xaneiro. Tamén na fin de semana arranca I ciclo infantil interparroquial que levará o teatro a seis parroquias da vila: Cabeiro, O Viso, Cedeira, Negros, Chapela e Reboreda.

A pista de xogos do Nadal abrirá as súas portas o sábado ás 11:00 horas. Unha proposta orientada a público familiar que funcionará en horario de mañá e tarde (11:00 a 13:00 horas e de 16:30 a 20:30) ata o domingo 8 de xaneiro, agás os días lectivos nos que tan só funcionará en horario de tarde.

Unha novidade nesta programación do Concello que busca achegar aos máis cativos a posibilidade de patinar sobre o xeo, deslizarse por tobogáns xigantes e conducir un car.

Arranca tamén nesta fin de semana o I ciclo interparroquial “Queremos galego” que organiza o concello con dúas propostas: o sábado 17 no centro cultural de Cabeiro coa obra “A Bailar no Nadal” a cargo da compañía Animar-T e ao día seguinte será Paco Nogueiras quen leve a súa “Radio Bule Bule” á Sociedade Cultural do Viso. Na seguinte semana o día 22 o Centro Cultural de Cedeira acollerá a obra “O Tranvía Leonardo” de Fantoches Baj. Actuacións todas elas ás seis da tarde.

Xa en pleno periodo de vacacións escolares o día 26 de decembro actuará Cé Orquestra Pantasma no centro cultural de Santo Estevo de Negros, o “Brinca Vai” de Paco Nogueiras chegará a Chapela o día o día 29 e pechará o ciclo a obra “A viaxe de Rosalía” a cargo de Larraitz Producións artísticas quen actuará o 4 de xaneiro no Centro Cultural de Reboreda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará