Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Espaço Vivo, degustacións veganas e actividades culturais e solidarias en Negros

espazo vivo

Agricultura, arte e gastronomía vegana son as tres patas nas que se basea o proxecto Espaço Vivo que ten a súa sede no Camiño do Fixón 64, na parroquia de Negros. Neste lugar naceu a cooperativa agrícola que xestiona Serxio Crespo xunto a súa compañeira Eva Castro. Dende unha filosofía colaborativa e participativa esta mesma semana presentan dúas interesantes iniciativas: a presentación da colección de xoiería Pawmade con fines solidarios o mércores ás 20:00 horas e un roteiro a cargo da Asociación Alados o vindeiro domingo.

Serxio Crespo, espaço Vivo

Achegarse a Espaço Vivo a degustar os seus pratos e as súas propostas gastronómicas e veganas require de reserva previa, pero iso non impide que día tras día vaian gañando público que busca “experiencias baseadas nun concepto de hostalaría diferente, onde se oferta a comida que ese día se pode recoller na horta e onde cobran relevancia produtos as veces descoñecidos ou pouco habituais na nosa gastronomía os como poidan ser as flores”. Uns pratos distintos nun espazo que carece dunha carta e que está a espertar moita curiosidade. Cada vez máis, explica Serxio Crespo “decatámonos de que as persoas demandan este tipo de experiencias orientadas a toda a familia, onde ademais de xantar, poden ver a nosa horta e coñecer o traballo que facemos na terra”. Alimentarse sen causar sufrimento a ningún ser vivo e todo iso cuns pratos que insiste “son deliciosos”.

Redondeláns de adopción, pensa que a elección de Negros para asentar o seu proxecto foi máis que acertada “a experiencia así nolo demostra, este é un concello moi aberto, con moitas iniciativas culturais”. Neste sentido lembran que tamén dende a súa cooperativa tentan fomentar as actividades cultura. Adiantan como as máis inmediatas este mesmo mércores 14 ás 20:00 horas a inauguración da exposición de xoias artesanais Pawmade “pezas elaboradas todas elas sen plásticos e só con materiais naturais” cuxos beneficios irán a favor dunha protectora de animais abandonados.

O domingo realizarán unha actividade orientada a público familiar de coñecemento do territorio que incluirá un roteiro para gozar da maxia do outono a cargo da asociación Alados.

Como para o resto de actividades que organizan, haberá tamén degustación gastronómica e compre inscrición previa no teléfono 622193026 ou no correo artenaleiragz@alicia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará