Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os comerciantes da praza confían en que a nova campaña de promoción reactive as ventas

WhatsApp Image 2022-12-12 at 15.08.30

As datas pre-nadal soen aumentar o número de ventas, xa que moitos clientes adoitan facer encargos ou adiantar as súas compras para beneficiarse duns prezos máis económicos e que se disparan conforme se achega a noiteboa. Este ano, a praza de abastos de Redondela ofrece ademais dos seus produtos de calidade e proximidade, a posibilidade aos seus clientes de contar con estacionamento gratuíto e participar en diferentes sorteos.

Unha campaña que xa está en marcha e que foi moi ben recibida tanto polos clientes xa habituais como polos comerciantes que teñen os seus posto no interior deste mercado. Así nolo explicaba Sandra, de Mariscos e Pescados Marga, que espera que esta iniciativa atraiga á xuventude, un sector de idade pouco habitual nas prazas.

Con todo, lamentan que a inflación non estea a favorecer unha maior chegada de clientes. Asegura María del Carmen, de Floristería Carmiña, que polo de agora o movemento é menos que nas mesmas datas do ano pasado. A iniciativa pretende ser un aliciente  o incremento xeralizado dos prezos que está retrasando as compras do nadal.

Algúns vendedores, como José Luis de Carnicería Rubín , demandan que a campaña non sexa algo puntual. Segundo o carniceiro, levan anos pedindo un acordo co parking redondelá, Aasí como melloras no aparcadoiro libre que se atopa na entrada da praza.

Para aquelas persoas interesadas en aproveitar a oferta Jose, de Frutas Rosi, explica que “trocar os tíckets de compra é moi sinxelo”. Tan só hai que ir a cafetería do mercado onde por cada dúas compras en postos diferentes podes gozar dunha hora de balde no Parking da Xunqueira e entrar no sorteo de 3 depósitos de carburante e 6 lavados.

O sorteo terá lugar o 23 de decembro de 2022 na praza de Abastos de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará