Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Natación de Redondela organiza unha competición escolar aberta

299308718_737587327591099_9141592886825010021_n

O Club de natación de Redondela organiza este domingo ás 11 horas da mañá unha competición escolar na Piscina Municipal co obxectivo de captar novos socios, sen importar o nivel que teñan os participantes.

O rango de idade que pode presentarse á competición vai dende os 8 aos 14 anos e o aforo está limitado ata completar as prazas dispoñibles por piscina. O adestrador do grupo absoluto, Luis Leiro, explica que “non están buscando deportistas con experiencia senón rapaces e rapazas con ganas de aprender e pasar un bo día”. Os familiares poderán estar presentes no evento, onde se repartirán medallas para aqueles que consigan superar algunha das probas.

Julia Alfaya leva adestrando 10 anos no club redondelá e conseguiu obter o título de sub-campioa galega. Tanto ela como o seu compañeiro, Paulo Gunche animan a xente a participar pois para eles “trátase dun deporte moi ameno no que se adestra por nivel e non por idade ”.

O adestrador apunta que o club redondelá diferenciase polo compañeirismo e explica que a natación “é un deporte especial, onde ninguén queda excluído tendo a oportunidade de nadar en tódalas competicións”.

O domingo 18 de decembro ás 11 horas terá lugar a competición escolar na Piscina Municipal de Redondela,  para máis información podedes escribir ao facebook Club Natación Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará