Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello investirá 287.000 euros nas obras de remodelación do campito de Chapela

campito chapela

A actuación está previsto que arranque despois do Nadal e busca a mellora dun espazo deportivo amplamente empregado pola mocidade e que se atopa deteriorado.
A área destinada á intervención conta cunha superficie aproximada de 1.150 m² e comprende a zona deportiva situada ao norte da Alameda de Rosalía de Castro. A zona mellorarase creando un acceso mediante unha escaleira con bancada desde o lugar máis próximo á Alameda. Ao norte inclúese unha rampla que mellora a accesibilidade do espazo.
Instalaranse tamén diferentes áreas verdes, unha para resolver o salto de cota entre a Avenida José Fernández López e a explanada existente e outra baixo a pasarela, completando o mobiliario con bancos e un espazo pergolado cuberto parcialmente para protexer aos usuarios das inclemencias do tempo.
Unha actuación que vén promovida dende o Consello da Infancia e a adolescencia quen reclamou a mellora deste espazo. Nese sentido, a alcaldesa redondelá, Digna Rivas gabou o traballo destes mozos e mozas “absoluta e decididamente implicados no traballo para facer chegar ao Goberno local todas cantas ideas poidan ser beneficiosas e útiles para a mocidade redondelá” e puxo como exemplo as propostas que con anterioridade fixeran sobre o skatepark de Redondela ou o espazo deportivo do antiga estación de Chapela “lugares infrautilizados e cun impacto visual negativo, que se converten en espazos de ocio e goce para a cidadanía”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará