Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS ofrece unha nova vitoria a súa afección na presentación das categorías do club

pazos borbén fs

O equipo lograba vencer por 7-4 ao líder da categoría. Pola contra o Redondela Maramar caía ante o Praias de barreiros tamén na terceira división, mentres que o Campito, na preferente, perdía pola mínima ante o Quinta de Tui (4-3)

Pazos de Borbén 7-4 Xove F.S.

A Sociedade deportiva Pazos amosa a súa satisfacción polo día vivido este domingo no Municipal de Pazos, cunhas bancadas ateigadas de público para asistir a presentación de tódalas categorías do club e para gozar dun verdadeiro partido entre o primeiro equipo e o líder da categoria, a SD Xove.

Unha cita complicada ante a cal os de Fran Amoedo non se amilanaron nin cando as cousas se puxeron peor. A afección estaba aí para levantar o ánimo dos xogadores levándoos a acadar unha meritoria vitoria por 7-4, con goles a cargo de Martin(3) , Simón(2) , Luis e Mario Paz polo Pazos.

Na vindeira semana defenderán a súa segunda praza nun partido que se disputará no campo do Vigos 2015.

Praias de Barreiros 10-1 Redondela FS Maramar

Mal resultado para o Redondela que sufría unha dura derrota por 10-1 na súa visita ao campo do Praias de Barreiros. Na vindeira semana xogan na casa. Reciben ao pechacancelas, o Outeiro de Rei.

Preferente Galicia

Quinta de Tui 4-3 Campito

O Chapela caeu pola mínima na súa visita ao campo do Quinta de Tui. Na vindeira semana xogan na casa, recibe o Compito a un rival directo, o Pizarras Los tres cuñados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará