Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detida unha muller cando tentaba entrar a roubar nunha casa en Chapela

chapela roubo

A muller foi sorprendida pola policía logo de que os propietarios da vivenda, situada nunha zona afastada no Camiño da traída, no límite entre Chapela e Vigo, chamaran a policía tras ver dous individuos na súa propiedade ao redor das 23:45 horas de onte domingo. O home logrou fuxir, mentres que a muller, unha veciña de Vigo de 48 anos de idade, foi detida acusada dun delito de roubo en grdo de tentativa. 

Foron os propios propietarios do inmoble os que alertaron aos axentes tras decatárense da presenza de alguén na súa leira, rodeada por un muro de dous metros de alto. Unha vez no lugar os axentes lograron deter a muller, mentres que o seu acompañante fuxiu andando a través do monte. Explican dende a Policía que este non é a primeira vez que se produce un suceso destas características na zona “precisamente hai tan só unhas semanas a mesma propiedade foi vítima doutro intento de roubo”.

A muller foi arrestada e pasou a noite en dependencias policiais. Está previsto que hoxe pase a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará