Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta recupera máis de 7.500 documentos históricos procedentes do lazareto de San Simón

arquivo

Recuperáronse, entre outras pezas, expedientes e rexistros de buques, misais ou ordes e saídas de persoal tras as corentenas correspondentes aos anos 1920 e 1930.

O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra obtivo mediante transferencia documental da Delegación de Facenda de Vigo a documentación do lazareto que estaba depositada na Aduana de Vigo en 1977 e tamén a documentación do lazareto de San Simón existente na illa en 1982. Así, a día de hoxe, a documentación sobre o lazareto de San Simón que custodia o arquivo abrangue desde 1803 a 1934 e inclúe expedientes e rexistros de buques, misais, rexistros de ordes e saídas de persoal, entre outros.

Co gallo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, comprobaron os resultados da primeira fase dos traballos que está a cometer o Arquivo acompañados da súa directora, Carmen L. Corgo. O representante da Consellería de Cultura puxo de manifesto a importancia destes traballos de conservación e divulgación documental “para manter viva a nosa historia e estudar e comprender un período da historia contemporánea de Galicia e España”.

Traballo exhaustivo

A primeira fase da restauración comezou no ano 2019 e neste tempo recuperáronse un total de 7.500 documentos correspondentes as datas entre 1920 e 1930 que conteñen principalmente documentos de barcos, tripulantes e pasaxeiros e que reflicten o proceso para poder saír tras as corentenas do lazareto. Os documentos recepcionados atopábanse en mal estado de conservación, polo que foi necesario un traballo “exhaustivo” por parte dos profesionais do Arquivo, para “abrir unha porta ao noso pasado cunha valiosa documentación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará