Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnado do instituto de Chapela pon en marcha un proxecto de teatro radiofónico

ies chapela teatro radiofónico

Mozos e mozas do IES de Chapela están inmersos nun proceso de creación que dará como resultado diferentes pezas de teatro radiofónico que serán emitidas dende a emisora local. Os traballos están no seu proceso de creación coa elaboración dos guións que posteriormente serán teatralizados ante os micrófonos, completados con efectos de son, gravados e montados para se converter en pezas radiofónicas que serán radiadas dende o propio centro e a través de Radio Redondela.

Falamos do proxecto con Carolina, Breixo, Breogán e Irene quen se achegaron á radio a presentar esta iniciativa que partiu do profesorado e que foi recibida con ilusión por parte da rapazada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará