Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un condutor que sextuplicaba a taxa de alcohol choca contra tres vehículos no Campo da Feira

campo feira

O home, de 43 anos de idade, provocou un accidente este domingo ás 19:50 horas da tarde. O vehículo que conducía colidiu contra tres turismos que estaban estacionando no aparcamento do Campo da Feira. Unha vez no lugar os axentes da policía local decatáronse de que presentaba evidentes signos de embriaguez polo que foi sometido á proba de alcoholemia arroxando o resultado máis alto do que vai de ano. Concretamnene a taxa rexistrada foi de 1’54 e 1’48, cando o máximo permitido ao volante é de 0’25.

O home foi detido e imputado por un delito contra a seguridade viaria, e dada a alta taxa de alcoholemia que previsiblemente se lle retirará o carné de conducir durante dous anos e terá que enfrontar unha sanción económica importante.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará