Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O peche dos laterais da pista de padel de Soutomaior permitirá o seu uso durante o inverno

padel

O Concello de Soutomaior finalizou as tarefas de mellora na terceira das pistas de pádel da área deportiva da Montesiña. Unha actuación que tiña o obxectivo de permitir o uso da mesma durante as horas nocturnas e os días chuviosos do inverno. Os traballos financiáronse a través dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e tiveron un custo de execución de 20.000 euros.

A actuación centrouse en mellorar a protección da pista ante as inclemencias meteorolóxicas coa instalación dun peche superior con dúas zonas, unha en policarbonato que permitirá o paso da luz durante o día e outra de aceiro galvanizado de alta duración na parte superior.

Do mesmo xeito, para mellorar as condicións da pista nos días de pouca luz reorganizouse todo o sistema de iluminación. Primeiro mellorando a instalación eléctrica cunha nova acometida subterránea e instalando a continuación catro novos focos de 160 watios de tecnoloxía led. Por último, recolocáronse as luminarias existentes para mellorar a visibilidade no frontal oeste da pista.

“Con esta mellora xa temos nosas tres pistas en condicións de acoller partidos durante todo o ano”, explicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que visitou o recinto durante a instalación dos últimos paneis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará