Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido o condutor do vehículo accidentado en Ponte Sampaio no que morreu un mozo veciño de Cesantes

ponte

O accidente producíase ás 11:30 horas da mañá de onte, nunha estrada secundaria que comunica o lugar de Comboa en Soutomaior con Acevedo en Ponte Sampaio. Tres dos catro ocupantes do vehículo puideron saír polo seu propio pé do coche que se saíu da vía, impactou contra unha árbore e se precipitou por un  desnivel duns sete metros. Non así Omar Ramos, o veciño de Cesantes de 23 anos quen faleceu a causa do impacto. O condutor deu positivo en alcohol e drogas polo que se investiga por condución temeraria e homicidio por imprudencia.

Un fatal accidente o que se producía na mañá de onte en Ponte Sampaio e que se levaba por diante a vida dun mozo de tan só 23 anos de idade. Un veciño de Cesantes foi a vítima mortal deste sinistro no que un coche Citroen C2 precipitábase por un desnivel duns sete metros tras saírse dunha pista secundaria, probablemente a causa da velocidade á que circulaba. Así o investiga a Garda Civil de Tráfico nas pescudas para esclarecer as causas do accidente. Tamén se lle realizaron ao condutor as probas de alcohol e drogas dando positivos ambos os dous resultados polo que é investigado polos presuntos delitos de condución temeraria e homicidio por imprudencia.

Tanto o condutor como as outras dúas persoas ocupantes do vehículo, dúas mulleres, son veciños de diferentes puntos de Soutomaior e as súas idades xiran en torno aos vinte anos. Malia que presentan feridas de diversa consideración puideron saír do vehículo polo seu propio pé e non se teme pola súa vida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará