Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O encoro de Eiras perde auga e sitúase nun 68% da súa capacidade

embalse-de-eiras-2

En canto a situación do encoro de Eiras, do que se abastecen os veciños de Redondela que reciben augas a través da traída municipal, atópase nestes intre a un 68’18% da súa capacidade total. O volume de auga embalsamada ascende a 15 hectómetros cúbicos o que supón un novo descenso respecto do mes de setembro que non compensan as pequenas chuvias das últimas horas. O dato non é extremadamente preocupante pero si marca unha tendencia, xa que o ano pasado a estas alturas atopábase a un 81’82 %, trece puntos por riba respecto a este ano.

En canto a media semanal se facemos un baremo dos últimos dez anos, o habitual é que este encoro se atopase en torno a un 73% da súa capacidade, dato que amosa o descenso actual consecuencia dun verán especialmente seco e un outono no que as chuvias están a ser ocasionais e pouco importantes.

Con todo, malia estes datos, a situación nada ten que ver con outros encoros da provincia como os de Zamáns e Baiona que presenta os rexistros más baixos dos últimos anos con niveis inferiores a un 40%.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará