Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior propón crear un Centro de Educación Ambiental na presa do Inferno

Presa Inferno

O aproveitamento eléctrico do río Verdugo rematou coa extinción da concesión, e o paro da actividade xa é completo na presa coñecida como o Salto do Inferno, en Soutomaior. Agora o Concello quere participar no proxecto de recuperación da contorna con varias propostas, entre elas a creación dun Centro de Educación Ambiental nas antigas instalacións da factoría hidroeléctrica e recuperación da antiga rede de carreiros en torno ao río. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, reuniuse co persoal técnico de Alterio Enxeñaría, a empresa encargada por Naturgy para redactar o proxecto de recuperación do río. No seu encontro, o rexedor destacou “a oportunidade que brindan estas instalacións para que as xeracións futuras poidan visitalas e aprender sobre o impacto natural que ten a industria enerxética”. Lembra Requera que a estación hidroeléctrica “é unha parte da nosa historia, coas súas cousas boas e malas”. Por iso defende que “é mellor aprender dela que tirala abaixo”. O alcalde remarcou tamén a importancia de recuperar a rede de antigos carreiros na contorna do río. Camiños que “servían aos veciños do municipio para acceder ao río para pescar e gozar dos seus momentos de lecer”. Para Reguera recuperar a contorna natural do Verdugo “non é só restaurar a canle do río, tamén é devolver esta paraxe aos veciños para o seu goce e conservación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará