Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior alerta da falta de hixiene e seguridade na área de autocaravanas de Arcade

autocaravanas

Os nacionalistas reclaman ao goberno local que acometa diferentes medida encamiñadas a mellorar as instalacións e servizos da área de autocaravanas, despois de que veciñanza do concello lle trasladase numerosas queixas e problemáticas que alí ocorren a diario.

Neste sentido, Manu Lourenzo detallou que a veciñanza está preocupada pola situación de insalubridade e de falta de control que existe nun dos espazos fundamentais do concello. Aseguran que non hai control sobre o número nin sobre o tipo de vehículos que alí estacionan e a contorna desta área de autocaravanas, ao carón de praias, parques infantís, pistas deportivas e establecementos hostaleiros, que debería servir para o uso e goce da veciñanza “converteuse nun espazo insalubre e inseguro no que pais e nais non queren que estean os seus fillos pequenos”.

Uns problemas que din sobrepasan as queixas dos veciños da localidade “as críticas que se poden ler nas páxinas web especializadas e de turismo mostran unha imaxe lamentable de Soutomaior e o declive de un turismo en auxe con beneficios para comercio e hostalería local. É preciso atallar canto antes esta situación”, concluíu.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará