Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito FS busca puntuar ante o Abetos, rival directo

CampitoSenior

O equipo sénior do Campito experimentou moitos cambios nos últimos tempos. Logo do descenso a Preferente, moitos xogadores deixaron o equipo, e no club centráronse en recuperar futbolistas “da casa”. José Manuel Cardoso, presidente da entidade, explica que o seu obxectivo é facer un equipo “sólido e estable” no que o cadro principal de xogadores teña continuidade “e sentido de pertenza ao club”.

José Manuel Cardoso é o presidente do Campito FS

As cousas non comezaron ben para o conxunto de Chapela, que tan só suma 1 punto cun empate nas tres xornadas disputadas. Logo da derrota por goleada da pasada semana na pista do Baíña, agora o principal é o traballo psicolóxico cos xogadores, ” xa que é preciso “subir a moral dos rapaces”, explica Cardoso. A desta fin de semana é a cuarta xornada na Preferente, pero o presidente xa fala “dunha final” ante o Abetos, co que están empatados tamén a un punto.

O Campito recibe este domingo ao Abetos coa necesidade de puntuar

A cita será o domingo ás 19.00 horas no González Soto de Chapela, unha cita na que esperan contar co apoio da súa afección.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará