Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fronte común para loitar contra a contaminación no Alvedosa

dani+luciano

AER e Alternativa Veciñal de Pazos de Borbén urxen solución aos vertidos diarios no río Alvedosa Denuncian a pasividade de ambos concellos e solicitan a intervención de Augas de Galicia nesta “barbaridade medioambiental”. A agrupación redondelá comprométese ademais a sufragar un estudo das augas do río se a situación continúa sen solventarse.

As agrupacións de electores Alternativa Veciñal de Pazos e a de Redondela, AER, xuntan os seus esforzos na denuncia dos constantes vertidos de augas fecais e industriais que está a facer o Concello de Pazos nun afluente do Alvedosa e que prexudica gravemente ao ecosistema de ambas localidades coa pasividade das dúas administración locais. Segundo explica Luciano Otero, de Alternativa Veciñal “urxe unha solución xa que levamos anos con esta problemática, con decantadoras obsoletas que non fan a súa función tanto en Amoedo, como en Pazos, Moscoso e Nespereira”. “Cremos que os vertidos, que son constantes, proveñen dunhas 150 casas, uns 400 veciños da zona, así como do Polígono Industrial de Amoedo, que acolle a 14 empresas. Unha situación estrutural e crónica con repercusións medioambientais e económicas.

Luciano Otero, portavoz de Alternativa Veciñal por Pazos

Ante esta situación, a Agrupación de Electores de Redondela, denuncia que esta “barbaridade medioambiental” está a pór en perigo os bancos marisqueiros de Redondela e a ría. “O sistema da decantadora de Amoedo, totalmente obsoleto e cunha maquinaria sen ningún mantemento, está a supor un vertido diario de litros e litros diarios a un afluente do río Alvedosa que pasa por Redondela”.

Daniel Boullosa, AER

Por iso, solicitan que Augas de Galicia faga unha execución subsidiaria do problema e aporte solución efectivas e urxen ao Concello de Redondela para que se persone como parte interesada e solicite vía oficio ao organismo autonómico información sobre o vertido contaminante que realiza Pazos de Borbén.  Neste sentido engadía Boullosa que se reuniron xa co Concelleiro de medio Ambiente a mediados do mes pasado pero que non teñen constancia de que se teña actuado para atallar o problema

Lamentan a deixadez dos dous concellos ante un grave problema de contaminación

Pola súa banda, Alternativa Veciñal de Pazos de Borbén explica tamén que a desidia do concello de Pazos está a provocar que esta situación sexa endémica na zona. Proba disto son os expedientes que Augas de Galicia lle ten aberto ao Concello por non cumprir cos requisitos administrativos de facer analíticas constantes e reenviárllelos para a súa revisión. De feito, xa dúas sancións de 5.000 euros cada unha e conta con máis expedientes aínda por resolver o que supón tamén un grave prexuízo económico para as arcas municipais ademais do evidente dano medioambiental”.

Un problema no que se teñen que implicar outras administracións
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará