Hoxe é Venres 9 de Decembro de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos golea en Outeiro de Rei

PAzosVitoria

Equipo e corpo técnico celebran o triunfo na viaxe de volta a Pazos de Borbén

O Redondela Maramar perdeu ante o líder, o Xove, e na Preferente o Campito sufriu unha dura goleada por parte do Baíña, primeiro do grupo.

Terceira División

Outeiro de Rei 2-7 Pazos de Borbén Futsal

Gran partido dos de Fran Amoedo, que estiveron moi serios na difícil pista do Outeiro de Rei. Os goles dos foron obra de Mariete (3), Luis (2), Diego e Martín . Sen tempo para o descanso, os de Pazos teñen unha dura semana de traballo, xa que afrontarán 3 partidos en 7 días, dous derbis na liga con Beade e Redondela, e o mércores 12 os oitavos de final de Copa Galicia co IES Coruxo de Segunda B.

Redondela Maramar 1-3 Xove

Amarga derrota para os de Redondela ante un difícil rival, o Xove, líder do grupo. Este resultado mantenos na parte baixa da táboa, con tan só 1 punto no seu haber logo de tres xornadas disputadas. Esta fin de semana xogarán en Coia ante o Vigo 2015.

Preferente

Baíña Baitra 12-1 Campito

O Campito sufriu unha dura goleada por parte do Baíña, primeiro clasificado do grupo. Esta nova derrota deixa aos de Chapela na parte baixa da táboa, onde se atopa tamén o seu rival da próxima fin de semana, o Abetos Gondomar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará