Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quico Diego, club baloncesto Redondela: “Buscamos inculcar uns valores, non só unhas habilidades deportivas”

baloncesto

O club de baloncesto cumpre máis de dez anos en Redondela ampliando categorías e incrementado o número de participantes. Con preto de 150 nenos e nenas contan con cativos de tan só 5 anos que se inician no deporte ata xa categorías como infantil e cadete. En proxecto está sacar tamén un equipo junior con xogadores de máis idade. Os adestramentos realízanse no pavillón do IES Mendiño e o número de contacto é o 722 61 72 12.

Éxitos deportivos como o triunfo da selección española no Eurobasket fan que o número de afeccionados a un deporte se incrementen. Con todo, é preciso o traballo na base que no caso de Redondela realiza o Club de baloncesto que dende hai máis dunha década traballa por crear afección e por achegar esta modalidade deportiva aos cativos.

Explica o coordinado do Club, Quico Diego, que é sobre todo o “boca a boca” o que fai que cheguen novos xogadores “somos un club moi familiar e no que hai moi bo ambiente”. Insiste ademais en que o seu obxectivo non é só “formar xogadores, senón formar persoas” o que buscamos e que “nenos e nenas ademais de habilidades deportivas teñan uns valores”.

Un deporte que asegura “fomenta o espírito e o traballo de equipo” e ao que se pode achegar calquera rapaz ou rapaza “independentemente da súa altura ou a súa condición física”.

Apunta tamén que a presenza de nenas é moi elevada nas súas filas “é máis difícil reter ás rapazas a partir de certa idade, pero entre as pequenas hai moita afección ao baloncesto”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará