Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O trompetista Ruud Breuls sóbese ao escenario da Xunqueira

ruud conservatorio

O músico ofrecerá un concerto este mércores no Multiúsos onde actuará como solista pero tamén acompañado da Chouque Big Band, a Orquestra de Saxos de Redondela e a Xingro´s Big Band. Unha actuación o mércores ás 20:00 horas aberta a todo o público que poderá gozar dun repertorio jazzístico cargado de temas populares.

O director da Xingro’s Big band e xefe de estudios do Conservatorio de Redondela, José Pérez Arias convida aos redondeláns a achegarse a esta cita musical “un concerto con moita variedade e próximo a todo tipo de públicos, dende un cativo que verá no escenario a outros nenos da súa idade a amantes de clásicos como Duke Ellington ou Glen Miller”.

Unha actividade enmarcada no III Festival internacional de Big bands que organiza a Concellaría de Cultura de Redondela e a Xingros Big Band en colaboración coa Orquestra de Saxos e o Conservatorio Profesional de Música “Victor Ureña” e que nesta ocasión contan como convidade de excepción co trompetista, membro da recoñecida mundialmente WDR Big Band, Ruud Breuls, quen estes días está a traballar intensamente co alumnado do centro docente pero tamén doutra xente que se achega a estas clases maxistrais.

Un festival que está integrado no conxunto de actividades que desenvolve o Conservatorio Profesional de Música de Redondela como Escola Asociada á UNESCO desde 2018, sendo o único Conservatorio Profesional de Música  Municipal de Galicia pertencente á rede entre as máis de 10.000 e máis de 180 países de todo o mundo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará