Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco salva un punto ante o líder da categoría nun partido sen goles

choco

O encontro ante o Silva disputouse en Santa Mariña, campo no que se homenaxeou a Carlos Rodríguez Portela, Caloi. O xa ex -xogador despedíase da afección choqueira máis seguirá alentando ao equipo dende as bancadas.

Tras o acto no que Rodríguez Portela foi recibido por antigos xogadores cos que compartiu equipo, os que lle fixeron corredor xunto cos dos rivais que se enfrontaban esta tarde, Caloi recibiu da man de Iván Crespo, presidente do CD Choco, a súa camiseta enmarcada como recordo do seu paso polo club.

Logo xa daría comezo un partido no que na primeira parte o CD Choco saiu “valente”, según Cortegoso, e no que foron quen de xerar ocasións de gol. O xogo do Silva con transicións rápidas e cunha defensa que se pecha moi ben atrás, non favorecía ao equipo redondelá, aínda así tiveron ocasións para adiantarse no partido. Logo do tempo de lecer, as tornas xiraron e o dominio foi do equipo visitante o Silva SD; “na segunda metade o Silva axustou mellor a súa defensa e non fomos capaces de superar isto”, afirma Carlos. De feito os ataque chegaban por parte do equipo visitante, tendo a máis clara cun tiro ao pao que enmudeceu as bancadas choqueiras.

O partido chegaría ao seu fin co reparto de puntos entre os dous equipos. Un punto que dan por bo na filas choqueiras “estamos na terceira xornada, temos catro puntos e temos que seguir para adiante. Estou seguro que este punto o vamos a dar por bo”; confesa o capitán choqueiro, Cortegoso. A próxima semana o CD Choco viaxa a Arteixo, por diante unha semana para preparar o partido, e recuperar sensacións e como nos asegura o adestrador “co traballo que estamos a facer esas sensacións chegarán”.

Ficha técnica:

Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Diogo, Juanma Justo, Comis, Samu Vilariño, Monroy, Félix, Caramés, Kopa, Elías e Berni. Tamén xogaron Cora, Adri, Ronald y Rubén D.

Silva SD: Adrián Ríos (p), Alejandro Coba, Fiuza, Antonio Garda, Alejandro Lorenzo, Eizaguirre, Nico Manteiga, David García, Álvaro Rey, Antonio, Isaac. Tamén disfrutaron de minutos Brais Lema, Justo, Iago Romar, Yago Fernádez e Ugarte.

Os colexiados Manuel Casanova, José Daniel Rodicio, e Martín Pérez amoestaron ao local Juanma Justo (49’) e ao visitante Justo (85’); ámbolos dous con cartón amarelo.

Incidencias: partido correspondente á xornada 3 do campionato da Terceira RFEF, disputado no Campo Municipal de Sta. Mariña.

Primeira autonómica

O Arcade logrou a vitoria nun partido disputado en Soutomaior ante o Campo Lameiro 2-1. Na vindeira fin de semana xogarán no campo do Cuntis.

Segunda Galicia

Sampaio- Cesantes 4-3

Soutomaior- Marcón 0-1

Na próxima xornada o Soutomaior desprázase ao campo do Derio e o Cesantes xogará na casa do Romay.

Futbol Sala

Terceira nacional

O Redondela Maramar sufría unha avultada derrota ante o Padrón por 6-2. Na vindeira semana xogan na casa pero ante un rival difícil, o Xove, líder da categoría.

Pola súa banda o Pazos empataba 4-4 co Praias de Barreiro e xogarán na vindeira semana no campo do Outeiro de Rei

Preferente

O Campito Chapela caía por 4-7 ante As neves e na vindeira semana xogan no campo do Baiña Baitra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará