Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Goberno repara avarías eléctricas arrastradas dende hai máis de cinco anos

luces

Os problemas afectaban ao cableado tanto soterrado como aéreo e permitirán mellorar a calidade de prestación deste servizo básico á cidadanía e provocaban frecuentes fallos na prestación deste servizo básico e cuxa solución viña sendo longamente demandada pola veciñanza das distintas zonas afectadas. O goberno local anuncia que o proxecto para o cambio de luminarias con tecnoloxía Led desenvolverase en vindeiras datas e contara cun investimento de 70.000 euros.

A alcaldesa, Digna Rivas lembrou que a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, o Concello contratou a tres persoas “como reforzo para o servizo eléctrico de cara a acometer un plan de reparación que dera solución a numerosos problemas no alumeado público que se remontaban a máis de 5 anos”. Neste sentido recomendou “prudencia e mesura” a AER logo de que a Agrupación de Electores afirmara que os tres traballadores contratados “dedicáronse case exclusivamente á iluminación das festas” cando a realidade, explica Digna Rivas, é que traballaron arreo xunto co resto do persoal do servizo “para reparar deficiencias no alumeado que afectaban á veciñanza e aos que AER, que dirixiu ese departamento durante dous anos, non foi quen de dar solución”.

“As contratacións deste persoal –insiste Digna Rivas– non se fixeron para que levaran a cabo, exclusivamente, un cambio de luminarias –proxecto que se desenvolverá en vindeiras datas e no que se investirán preto de 70.000 euros–, senón para reforzar o cadro de persoal e poder acometer un plan de reparación global da rede”.

Así, dende o mes de abril, a Concellería dirixida agora por Vicente Lamas e co reforzo das tres persoas contratadas ao abeiro do Plan Concellos, procedeu á substitución do cableado soterrado, caixas de fusibles e farois con problemas na estrada de Peinador dende o cruce do Camiño da Milixosa ata o Camiño da Lagoa; na Avenida de Vigo; en Cedeira no treito de estrada nacional comprendido entre a Estrada á Estación e a rotonda de Vilavella; na rúa Telmo Fernández cara a Praza da Constitución e rúa Prata; en Cabanas, en dirección á praia e na rotonda da entrada á autoestrada; na Avenida Redondela dende a rúa Alexándre Bóveda ata o alto da Encarnación e, nesa mesma vía, arranxáronse problemas dende a entrada a autoestrada ata o límite con Vigo, e finalmente, na estrada do Muro cara ao Porriño.

A estas reparacións de cableados soterrados sumáronse tamén as realizadas no tendido aéreo que, debido ao seu mal estado, fundamentalmente a empalmes no cableado e deficiencias nas caixas de fusibles, provocaba deficiencias no servizo e as continuas queixas da veciñanza.

Nesta liña foi preciso substituír 432 metros lineais de cableado antigo por un novo RZ Trifásico. Así, no Camiño Xestal Lamosa, en Trasmañó, cambiáronse preto de 35 metros; na subida Cidadelle, Chapela, máis de 95 metros; Camiño Zacande, en Cesantes (37 metros); estrada da Teixeira, O Viso (60 metros); camiño dos Lagos do Viso, O Viso, (20 metros); camiño do Penedo, Cabeiro, (55 metros); na estrada Pazos, Reboreda, (30 metros) e no xestal Lamosa, Trasmañó, (100 metros).

Paralelamente a estes traballos de reparación, a Concellería traballou arreo na mellora do alumeado público no camiño da Costa, Chapela, unificando a iluminación ao darse varios tipos de farois e colocándose, a maiores, dúas farois longamente solicitadas pola veciñanza. Mentres, no paseo da Praia da Punta, en Cesantes, cambiábanse 22 farois con máis de 30 anos de antigüidade unificándose tamén o alumeado ao existir varios tipos de farois.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará