Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As confrarías de Redondela e Soutomaior beneficiaranse das achegas da Deputación

confraría

A institución provincial destina a estas axudas, que se repartirán entre 20 confrarías de toda a provicia e que teñen como obxectivo o apoio e aposta polo sector primario, un investimento de preto de 250.000€. En Redondela a Confraría de San Xoán poderá costear material de vixilancia, ordenadores e software da plataforma Xesmar e, en Soutomaior, serán dúas as entidades beneficiadas: a Confraría Virxe do Carmen poderá comprar de material de vixilancia e gastos para mellora de servizos e a Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra destinará a partida á celebración de xornadas formativas sobre tramitacións electrónicas.

O Goberno da Deputación vén de dar luz verde ás subvencións dirixidas ás confrarías da provincia como aposta polo sector primario e nas que a institución inviste un orzamento de case 250.000 euros. Estas achegas beneficiarán neste 2022 a 19 confrarías de 17 concellos, en concreto radicadas en Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Entre outras cuestións, as entidades destinarán estas axudas á adquisición de vehículos, material informático, distintos equipamentos necesarios para a súa actividade e investimentos para aforro enerxético ou videovixilancia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará