Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Atletismo CAR celebra o seu X aniversario coa I Carreira Contrarreloxo de Redondela

car

31 equipos masculinos, femininos e mixtos participan nunha carreira que obrigará a pechar o tráfico no casco urbano e na zona da Portela entre as 20:00 e as 21:00 horas do sábado día 17. O Club celebra o seu décimo aniversario lamentando non contar cunhas instalación dignas nas que desenvolver os seus adestramentos.

Malia que existe unha partida orzamentaria para acometer a construción dunha pista de atletismo nas instalación do IES Illa de San Simón, a día de hoxe as obras seguen sen arrancar. Unha actuación que ademais “son un mero parche porque non dan resposta ás necesidades de Redondela”.

Neste sentido explica o presidente do CAR, Manuel Ulla, lamenta que non se teña buscado “unha mellor alternativa que dea resposta as necesidade dun concello como o noso”. Insisten en que a pista prevista non cubre as expectativas do equipo e que ao estar no interior dun recinto educativo condiciona tamén os adestramentos.

Con todo, queren celebra o seu décimo aniversario como mellor saben facelo, cunha carreira que terá lugar este sábado. A I Contrarreloxo por equipos Concello de Redondela, organizada polo Concello en colaboración con CAR e o patrocinio de Rodavigo

Cun percorrido de 5000 metros a saída estará ubicada na Alameda e a meta situarase diante da Casa do Concello. Os atletas participarán nas categoría masculina, feminina e mixta e serán un total de 31 equipos os que participen na proba.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará