Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Orde de afastamento e liberdade provisional para a muller de Cesantes detida por ameazar as súas tías

armas

A Policía incautoulle dúas armas, unha de fogueo e outra de aire comprimido

O xulgado de instrución número 2 de Redondela acordou a posta en liberdade provisional da muller detida o pasado martes na parroquia de Cesantes, tras ameazar supostamente ás súas tías cunha pistola de fogueo. A muller está investigada por un delito de ameazas, e o xulgado acordou, así mesmo, imporlle como medida cautelar a prohibición de comunicarse e achegarse ás presuntas vítimas.

Lembramos que a muller, de 31 anos de idade ameazara as súas tías de 66 e 63 anos cunha pistola que finalmente resultou ser de fogueo ante de ser detida pola policía. Os feitos tiveron lugar na tarde do pasado martes. Unha vez no lugar, axentes da Policía Local e da Policía nacional atopáronse a muller escondida e pechada no interior do seu domicilio, polo que tamén se desprazou a zona unha patrulla da unidade da UIP da Nacional. Cando se dispuñan a intervir a muller accedeu a entregarse voluntariamente. Intervíronselle dúas armas, unha de aire comprimido e outra de fogueo que foi a que empregou para ameazar aos seus familiares.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará