Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco arrasa no seu primeiro partido da tempada en Santa Mariña

choco 11s

O comezo do partido ante o Viveiro non facía presaxiar o avultado resultado de 5-1 co que finalizaría o partido. Félix Rial, Fran Monroy, Comis, Juanma Justo e Óscar Caramés foron os goleadores da tarde na primeira xornada da tempada 22-23. Un encontro no que os choqueiros estiveron arroupados por medio milleiro de seareiros.

A pesar da boa entrada en Santa Mariña que animaba ao equipo dende a bancada con cánticos acompasados polo tambores da peña Chokoslovacos, nos primeiros minutos custáballe entrar no partido aos de Juan Amoedo.

De feito, pasaríaslle factura co primeiro tanto da tarde, obra de Rolle Meitin, que poñía o resultado en contra para a escuadra choqueira. 

A segunda metade do partido as cousas xa se puxeron de cara para o Choco. Os locais comezaron a acumular chegadas e xa ante do tanto de Félix gozaron dalgunhas ocasión. Con o 1 a 1, chegaría a expulsión de Barroso por dobre cartón amarelo, aspecto que avantaxou aos de Amoedo, que finalmente se materializarían en goles.

Primeiro Monroy lograba o 2-1 e rapidamente caían novos goles, o terceiro obra de Comis. Aínda habería tempo para dous tantos máis que deixarían o 5-1 definitivo.

Na vindeira semana o Choco desprázase ao campo do gran Peña que ven de empatar en Arteixo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará