Hoxe é Martes 7 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ritmos do sur en Chapela con “Pa ti na ma”

PA-TI-NA-MA

A Alameda Rosalía de Castro de Chapela acolle na noite do venres un concerto que promete poñer a todo o público a bailar e dar palmas. A formación “Pa ti na ma” porá a música con ritmos flamencos, rumba e  “moita gaña de festa”, como sinala o seu vocalista Fran Vázquez. Son unha das poucas formacións que se dedican en Galicia a este estilo musical que no norte “tamén gusta moito”.

Fran Vázquez, vocalista do grupo

Logo de dous anos de pandemia hai máis gañas de festa ca nunca, e o concerto de Chapela será un excelente aperitivo para o Entroido de Verán que se celebrará o sábado en Redondela. A cita con “Pa ti na ma” será ás 21.30 horas, con entrada de balde dentro da programación cultural do Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará