Hoxe é Martes 7 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un Entroido de Verán seguro e libre de violencias machistas

violencia

O Entroido de Verán de Redondela, que se celebrará este sábado 20 de agosto, contará con Puntos Violeta dentro das medidas de prevención da violencia machista que desenvolve o Concello. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que é “fundamental que o Entroido de Verán poida desfrutarse dende o respecto ás mulleres, libres de acoso e da humillación machista”. Explica que dende esa perspectiva “os Puntos Violeta desenvolven unha importante labor non só na atención a posibles vítimas de agresións sexistas, senón tamén para sensibilizar á mocidade sobre a importancia da igualdade e o respecto ás mulleres”.

Os Puntos Violeta, atendidos por técnicas de Igualdade, quedarán instalados na Praza do Concello e no Campo da Feira. Serán de fácil localización a través dos dispositivos móbiles escaneando o código QR que figura nos carteis informativos instalados en diferentes puntos do casco urbano baixo o lema “Por un Entroido seguro libre de violencia machista”. A carón do Punto Violenta do Campo da Feira instalarase un Punto Arco da Vella, da asociación Pvlse, para sensibilizar e informar sobre a diversidade e identidade sexual “e dar visibilidade ás persoas LGTBIQ+”. Rivas quixo tamén agradecer a colaboración da Asamblea Feminista Paxaretas nesta iniciativa “ao igual que o fai nas actividades que a prol da igualdade e erradicación da violencia machista desenvolve o goberno local”.

O recinto da festa emitirá un audio lembrando a información aos asistentes
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará