Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Horta ecolóxica e participativa en Pousadouro

XovesPousadouro

Redondela pon en marcha unha actividade que pretende poñer en valor a horta ecolóxica de Pousadouro abríndoa á cidadanía. Deste xeito o público de todas as idades poderá coñecela e tamén iniciarse no cultivo de produtos sostibles e ecolóxicos. A iniciativa, da concellería de Turismo que dirixe María Castro, será totalmente de balde. Baixo o título «Xoves na horta do Pousadouro» desenvolverase todos os xoves de agosto –de 18:30 h a 20 horas– e en setembro –de 18 h a 19:30 horas–. A visita estará guiada por un educador ambiental. “É unha actividade dinámica, participativa, didáctica e, ao mesmo tempo, divertida. Os participantes traballarán sobre o terreo na recollida dos produtos e no tratamento e coidado da horta , seguindo as indicacións do educado”, explica a alcaldesa de Redondela Digna Rivas.

A actividade dará comezo na propia horta, onde se lles explicarán as diferentes especies cultivadas, os fertilizantes naturais utilizados e a importancia do produto local e de tempada, que repercute na economía local e tamén na saúde. Ademais haberá xogos onde os premios serán os propios produtos da horta.

Para participar nesta actividade non se precisa inscrición previa. As persoas interesadas non terán máis que presentarse na finca do Pousadouro á hora de inicio da actividade. Para obter máis información poden dirixirse á Oficina de Turismo situada na Casa do Concello ou a través do enderezo electrónico turismo@redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará