Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios demandan unha mellor planificación no urbanismo redondelán

PonteareasEmpresarios

Advirten que “a tan necesaria” remodelación da praza de Ponteareas xerará problemas de accesibilidade especialmente ao tráfico pesado do polígono industrial de Pazos de Borbén.

A Asociación de Empresarios de Redondela cualifica de “moi necesarias” as obras de humanización da Praza de Ponteareas, pero critica “a falta de planificación urbanística” do Concello. Recoñecen que  o novo concepto da contorna de Vilavella vai revitalizar a actividade económica da zona “e xerará novas oportunidades de negocio” ademais de mellorar o acceso á vila para milleiros de peregrinos. Con todo, sinalan que a falta de planificación urbanística sen  ter consolidado vías alternativas que liberen o núcleo urbano do tráfico pesado “xerará problemas de accesibilidade que preocupan a moitas empresas”, sobre todo do polígono industrial de Pazos de Borbén que ten neste vieiro o seu principal acceso.

Empresarios do sector industrial, loxístico e do transporte daranse cita a vindeira semana para abordar as medidas necesarias de cara a “atallar os prexuízos que ocasionará esta falta de planificación”. A cita será na Asociación de Empresarios de Redondela, que na última semana recibiu multitude de protestas dos seus socios “reclamando unha solución aos problemas de tráfico que ocasionará estreitar esta vía de acceso, especialmente para os vehículos pesados e autobuses”. Na memoria dos máis vellos da vila están as longas colas ocasionadas no Funil, a escasos metros do lugar que hoxe será o “novo Funil de Redondela” por mor da falta de planificación. Por iso piden que a administración “evite caer sempre nos mesmos erros”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará