Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A cabalaría protexe os montes de Redondela

Cabalaria

Dentro do plan de prevención de incendios membros da Unidade de Cabalaría da Policía Nacional, atópanse en Galicia. Coordinados cos servizos locais están a patrullar as zonas rurais e montes para previr incendios forestais. Ao longo do verán, acompañados de axentes uniformados da Comisaría de Vigo e Redondela, percorren os montes da bisarra. Xeralmente a patrulla de cabalaría actúa en lugares de difícil acceso para vehículos rodados, como son os montes e  praias, e deste xeito poden facer unha mellor vixilancia nestas zonas. En Redondela están a traballar con patrullas preventivas nas zonas de maior risco de incendios forestais como son a Ruta da Auga e o Camiño de Santiago. En Vigo os puntos a protexer son os Parques Forestais de Coruxo e Saiáns, no Ccamiño de Santiago pola Costa), o Parque Forestal de Bembrive e o encoro Zamáns-Marcosende.

A Operación Verán conta con varios Plans Especiais que buscan atender máis rápido e de xeito máis eficaz aos prexudicados por algún delito, así como dar maior seguridade entre á cidadanía local, turistas e peregrinos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará