Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os accesos á Praza de Ponteareas péchanse ao tráfico

Vilavella

As obras de remodelación da Praza de Ponteareas obrigan ao Concello a cortar o tráfico nos seus accesos nas xornadas de mañá martes e mércores. Nestes dous días procederase ao asfaltado da zona. A Concellería de Tráfico informou desta incidencia, prevista para os días 9 e 10 de agosto “para realizar coa maior rapidez posible os traballos na praza”. As restriccións de tráfico provocan que as paradas dos autobuses na liña Pontevedra-Vigo, de ida e volta, cambien durante eses dous días. As paradas quedarán situadas na Avenida de Santa Mariña, á altura dos semáforos, na entrada á casa cuartel da Garda Civil e na N-550 preto do comercio de bicicletas situado na zona.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou que con estes traballos “entramos nas últimas fases de remodelación dunha das principais portas de entrada ao casco urbano”. A rexedora redondelá agradeceu “a colaboración da veciñanza que vive na zona” que, segundo Digna Rivas “é perfectamente consciente que os inconvenientes que teñen esas obras quedarán compensados con creces cunha zona humanizada e de esparexemento para a cidadanía”.

Obras de Fomento para o mantemento do paso elevado

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana pechará mañá martes, 9 de agosto, o tráfico de vehículos por debaixo do paso elevado coñecido como “o scalextric”. O motivo do corte é o de realizar traballos de mantemento e conservación nesa infraestrutura viaria dependente do Ministerio. O corte de tráfico prolongarase unha semana. O tráfico rodado de vehículos lixeiros en dirección ao Centro de Saúde farase a través da Avenida Santa Mariña e tomando á desviación para o campo de fútbol do Choco e a zona escolar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará