Hoxe é Venres 25 de Xullo de 2025

Fornelos de Montes recupera os tres días de festa coa celebración de San Lourenzo

PArisdeNoia

Fornelos celebra as súas festas grandes na honra de San Lourenzo e Santo Cristo. Logo de que pandemia obrigase a suspender as actividades en 2020, e que o ano pasado se limitara a festa a tan só un día coas medidas Covid, este ano a comisión de festas volve organizar tres días de festas.

Cayetano Tamaño, membro da Comisión de Festas

Sen protocolos xa en vigor “pero con sentidiño”, Fornelos vivirá desde a xornada de mañá martes, día 9, e ata o xoves, día 11, tres días de celebracións relixiosa, música, verbena e sobre todo “convivencia entre veciños e amigos”, como apunta Cayetano Tamaño, da organización.

Estas festas están marcadas no calendario de todos os veciños, tamén dos que viven fóra.

Mañá martes arranca  a verbena ás 23.00 coas orquestras Fania Blanco Show e Noche de Estrelllas. Xa o mércores a música comezará a soar ás 10.00 cos pasarrúas a cargo da Banda de Música de Merza. Despois da misa, prevista para as 12.30, haberá “sesión vermú” a cargo da mesma agrupación, que ofrecerá tamén un concerto ás 21.00 horas na praza do Concello. A verbena nocturna terá como prato forte á orquestra París de Noia, que xunto con Metrópolis porán a música e o espectáculo desde as 23.00

As festas rematarán o xoves, día do Santo Cristo. Ás 10.00 comezará o pasarrúas da charanga Radio Tropical. Ás 12.30 será a misa solemne, e a verbena nocturna despedirá as festas coas orquestras América S.L. e Bomba de Canarias, a partir das 23.00.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: