Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un panel perpetúa en Cesantes a memoria das Mulleres da Illa

PANEL

O Concello de Redondela continúa coas actuacións de rehabilitación da Memoria Histórica. Ao fío dos actos de homenaxe ás Mulleres da Illa, o Goberno local instalou no areal de Cesantes un panel que perpetúe a memoria destas heroínas. “Non se trata de que sexan recordadas neste momento ou nun corto período de tempo, trátase de perpetuar a súa memoria e o traballo solidario que, con risco para a súa propia vida, desenvolveron para levar axuda e esperanza aos presos políticos de San Simón”, explica a alcaldesa Digna Rivas. O panel, con fotografías cedidas por familiares das mulleres, recolle información sobre aquel contexto histórico da posguerra así como o relato das tarefas realizadas por estas veciñas redondelás.

Monumento aos fusilados na Concheira

O Concello anunciou tamén a instalación de puntos de luz no monumento ás persoas fusiladas na Concheira, en Rande, que ren sido obxecto de reiterados ataques vandálicos “por parte de persoas contrarias á democracia, á memoria e á dignidade das persoas asasinadas por pensar distinto e defender o réxime democrático da República”, apunta a alcaldesa de Redondela. O concello agarda que a nova iluminación sirva tamén de disuasión “aos elementos de extrema dereita que rexeitan a convivencia social dentro da pluralidade política e ideolóxica de calquera país democrático” remata Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará