Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP redondelán esixe a apertura do Centro Cultural de Quintela

CC Quintela 4

Os veciños da parroquia de Quintela levan anos agardando polo seu novo Centro Cultural. O PP redondelán lembran que o anterior goberno local, dirixido por Javier Bas, adxudicou o proxecto en 2019. As obras comezaron en agosto de 2021, cun investimento de 423.000 euros e un prazo de execución de catro meses. Os prazos previstos non se cumpriron e o último anuncio do Concello poñía maio deste ano como data para a inauguración. Desde o PP lamentan que “pasaron xa máis de tres meses e non hai outra noticia sobre o centro. Critican que o goberno local “non fora quen de abrilo en 2020, tampouco en 2021, nin en abril deste 2022, como foi prometendo ao longo dos anos, culpando logo dos atrasos ao PP, á oposición, á falta de orzamentos ou á pandemia”. O Partido Popular esixe que se abra “xa” o Centro Cultural de Quintela, entende que tres anos e compromisos incumpridos “non poden disimularse” e denuncia que os atrasos están causados “pola ineficacia do goberno socialista” de Redondela. Os populares acudan ao goberno de Rivas de facer unha “estratexia electoral” que consiste “en achegar o máximo posible as inauguracións das obras ás datas das Eleccións Municipais previstas para maio de 2023”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará