Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O histórico veleiro Atyla recala en Chapela

Llegada del Atyla a Vigo, goleta que participará en la Ruta Xacobea Iacobus Maris el próximo 24 de Junio en Génova.

©SailingShots by María Muiña Photography

A Fundación Atyla Ship, organización benéfica que opera esta embarcación inspirada nas goletas do século XVIII, elixe por primeira vez Redondela como porto de estala. Concretamente chegará ao porto deportivo de Chapela este sábado e abrirá ás súas portas a veciños e veciñas na tarde do domingo en horario de 17:00 a 20:00 horas. As persoas que desexen visitalo inscribíndo previamente no seu enderezo web.

Alfonso Garzón, xefede operación de Fundación Atyla

A embarcación, construída a man en España entre o 1979 e 1984 recrea unha goleta de hai tres séculos e está xestionado pola Fundación Atyla, unha organización benéfica que promove viaxes de aventura e desenvolvemento persoal que organizan a bordo deste veleiro histórico de 31 metros de eslora e aspecto de barco pirata.

Ademais desas viaxes, abertas a calquera persoa a partir de 14 anos e que teñen un prezo entre 600 e 800 euros, visitan periodicamente diferentes portos de toda a xeografía para darse a coñecer e promocionar as súas actividades. Neste caso, a visita será no porto de Chapela. Os que se inscriban na súa páxina web poderán gozar dunha visita as súas instalacións e adentrarse nun veleiro contruido na década dos 80 seguindo as técnicas tradicionais de carpintería de ribeira.

Malia que nun primeiro momento empregouse como barco de  cruceiros nas Illas Canarias, a partir do 2014 asume a súa xestión a Fundación Atyla que organiza actividades orientadas a promover a intelixencia emocional, a comunicación intercultural e o traballo en equipo a través de viaxe dunha semana de duración que obrigan aos participantes a colaborar e establecer relación con descoñecidos nun espazo limitado.

Malia que as visitas son de balde, dende a Fundación piden aos que se achegan ao barco unha doazón que se destina ao seu fondo de bolsas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará